Quen Somos?

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

 Coa denominación de Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática constitúese unha Asociación civil de ámbito autonómico e sen ánimo de lucro. Acorde coa lexislación vixente, esta Asociación terá personalidade xurídica propia e gozará de plena capacidade operativa. Os seus fins son: 

  • Facilitar a actualización do Profesorado de Matemáticas, difundir as correntes do pensamento matemático,transmitir as innovacións educativas e difundir as distintas correntes para a ensinanza e a aprendizaxe matemática.
  • Impulsar o desenvolvemento das investigacións na Educación Matemática.
  • Realizar estudios, críticas e propostas de currícula para cada un dos niveis educativos.
  • Establecer unha conexión entre o profesorado dos distintos niveis educativos.
  • Colaborar e intercambiar información coas Asociacións e Sociedades de igual carácter e finalidade.
  • Establecer convenios de colaboración con outras entidades e institucións, públicas ou privadas, sempre e cando contribúan á consecución dos fins da Asociación.
  •  Promover o coñecemento e difusión das tecnoloxías da información e comunicación no ensino das matemáticas.