Febreiro 2014

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

IV Concurso da Incubadora de Sondaxes

A sociedade SGAPEIO en colaboración con educaBarrié ven de convocar unha nova edición do concurso "Incubadora de sondaxes e experimentos", dirixido ao alumnado de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio de Galicia.
Podedes consultar todos os detalles e prazos desta convocatoria na seguinte ligazón:
http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=686:i...

Xeometría da Natureza

Baixo este atractivo título ponse en marcha unha nova actividade de educaBarrié dirixida ao profesorado e alumnado de ESO e Bacharelato de Galicia. O obxectivo é traballar patróns numéricos e xeométricos na Natureza, analizando tamén o porqué da súa existencia.
Tedes toda a información sobre esta iniciativa na seguinte ligazón: http://www.educabarrie.org/gl/proyectos/xeometria-da-natureza-proxectos-de-investigacion-na-aula

Asemblea Ordinaria de AGAPEMA

O vindeiro venres 14 de febreiro ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria celebrarase no Salón de graos da Facultade de Matemáticas de Santiago a Asemblea Xeral Ordinaria de AGAPEMA, coa seguinte orde do día:
1.      Lectura e aprobación, se procede, das actas das asembleas anteriores.
2.      Aprobación, se procede, das contas correspondentes ao exercicio 2013 e do orzamento previsto para o exercicio 2014.