Outubro 2015

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

Xornada de formación para a elaboración de Proxectos de Estatística

AGAPEMA e SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións) organizan un ano máis unha actividade de formación dirixida ao profesorado de ensino medio baixo o nome de "Xornada de formación para a elaboración de Proxectos de Estatística", que se celebrará o vindeiro 14 de novembro de 2015 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Xornada de Matemática Recreativa: As Matemáticas de Coque

O 28 de novembro celebrouse no IES Eusebio da Guarda de A Coruña  a actividade "Xornada de Matemática Recreativa: As Matemáticas de Coque", coa que dende AGAPEMA quixemos render homenaxe ao noso mestre e compañeiro Manuel Pazos Crespo, "Coque".

Formulario de Inscrición na Xornada de Matemática Recreativa


 
A Xornada de Matemática Recreativa celebrarase o día 28 de novembro de 2015 no IES Eusebio da Guarda na cidade da Coruña.

VIII CIBEM en Madrid

Dende o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición e presentación de traballos para o VIII CIBEM (Congreso Iberoamericano de Educación Matemática), que se celebrará en Madrid do 10 ao 14 de xullo de 2017. Este congreso engloba tamén as XVIII JAEM.