Outubro 2017

IV XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a IV Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.