O Ministerio de Educación lanza 17 programas entre eles o 5, "Profundización de coñecementos"

O Ministerio de Educación lanza 17 programas entre eles o 5, "Profundización de coñecementos" afecta as matemáticas e será elaborado pola FESPM

Impartirase os sábados pola mañá (3 horas) ao alumnado seleccionado polos titores en base á motivación e a que sexan alumnos que poidan aproveitar a profundización de coñecementos(non exactamente altas capacidades). Farase con alumnos de varios institutos.
Empezarase con 4º da ESO e algo de 3º e despois nunha segunda fase 1º e 2º da ESO e despois primaria. A FESPM xa está elaborando materiais dos temas:
Resolución e estratexias de resolución de problemas.

A cidade e as matemáticas

Cine e matemáticas

Arte e Matemáticas

Poliedros

Xogos e Matemáticas

Dia Escolar das matemáticas (neste caso Matemáticas e Química)

Xeometría con Geogebra

Historia das matemáticas

Folla de cálculo e matemáticas

Cifras, series e códigos

Mapas escalas e proxeccións

Azar e probabilidade

Naturalmente a fundamentación do programa está clara: a atención á diversidade non só se fai por abaixo (con proxectos como o PROA e outros)
Senón que hai que atender aos alumnos que sexan capaces de profundizar os coñecementos que reciben. Non se trata de adiantar curso, senón de ver as matemáticas que xa dan con máis profundidade, ampliadas. Temos moita equidade nos resultados PISA pero pouco alumnado que despegue, fai falla que tamén lle dediquemos un tempo a eses alumnos.

Máis información en http://venxmas.fespm.es/?lang=es

http://venxmas.fespm.es/temas/?lang=es

Entre eles os materiais relativos ao tema do día escolar das matemáticas Matemáticas en la química. La maravillosa efectividad de la matemática en la ciencia  que podedes aproveitar, traducir, etc...