Novas da SGAPEIO (4-9-2012)

Comunicámosvos as novas remitidas pola sociedade SGAPEIO no seu boletín informativo de 4 de setembro de 2012.

1.- Curso "Control Estatístico da Calidade con R"

A Universidade de Vigo organiza o curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiros, técnicos das empresas ou da administración, ou investigadores que utilizan no seu traballo as ferramentas de control de calidade. O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)

- Período de preinscrición: do 1 ao 15 de setembro de 2012.

- Período de matrícula: do 1 ao 18 de setembro de 2012.

- Período de docencia: do 20 de setembro ao 19 de outubro 2012.

Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/1719

 

2.- IV Seminario de Inferencia estatística en áreas pequenas

O departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña organiza o IV seminario sobre inferencia estatística en áreas pequenas, que terá lugar o luns 10 de setembro de 2012 na Aula Graos 2 da Facultade de Informática.

Programa:

            9:30-10:30: Some current lines of research in small area (domain) estimation. Nikos Tzavidis. Southampton Statistical Sciences Research Institute (UK).

            10:30-11:30: Estimation of labour force indicators in counties of Galicia using a multinomial mixed model with correlated time and area effects. Esther López-Vizcaíno. Instituto Galego de Estatística.

            12:00-13:00: AIC-based selection criteria and testing for zero variance in Fay-Herriot Model. Domingo Morales. Universidad Miguel Hernández de Elche.

Máis información: http://dm.udc.es/matematicas/es/node/586

 

3.- Curso de Meta-análise en rede

O Centro Cochrane Iberoamericano organiza o curso "Meta-análise en rede (network meta-analysis) con comparacións directas e indirectas", que se vai impartir os días 13 e 14 de decembro en Barcelona.

- Duración: 16h

- Lugar: Hospital de la Santa Creu i Sant Pau, Barcelona

- Importe da matrícula: 170€

 

- Periodo de inscripción: a partir del 12 de Noviembre de 2012

Máis información: http://www.cochrane.es/cursonetworkmetanalysis

 

4.- Wiki Encyclopedia of Mathematics

Springer e a European Mathematical Society (EMS) invitan aos membros da comunidade matemática a contribuir á recente wiki Encyclopedia of Mathematics, un recurso de libre acceso que contén unhas 8.000 entradas e preto de 50.000 conceptos matemáticos. Todos os artigos son administrados por un prestixioso consello editorial, baixo a dirección da EMS.

 

Máis información: http://www.encyclopediaofmath.org/index.php/Main_Page