Exposición Imaginary en Santiago

Dende o 15 de marzo ata o 16 de maio poderedes visitar a exposición RSME-Imaginary na Igrexa da Universidade en Santiago. Trátase dunha exposición organizada pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) con ocasión do seu centenario en 2011. É unha adaptación da exposición IMAGINARY, ideada e desenvolvida polo instituto alemán “Mathematisches Forschungsinstitut Oberwolfach”, e froito da participación internacional de matemáticos e artistas.
AGAPEMA colabora noa organización deste evento e nas actividades complementarias que se desenvolverán arredor do mesmo.
Tedes toda a información sobre horarios, visitas de grupos, xornada de formación, monitores, etc. na web da exposición.
http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/imaginary