Conclusións do Seminario sobre Matemáticas en Primaria

O pasado mes de novembro celebrouse en Santiago de Compostela un seminario federal sobre o "Ensino das Matemáticas en Educación Primaria" organizado pola FESPM coa colaboración da SEIEM (Sociedade Española de Investigación en Educación matemática) e do CEMat (Comité Español de Matemáticas).
Foron tres días moi intensos de traballo nos que participaron persoas cun recoñecido prestixio no eido da educación matemática. Logo do debate e do traballo posterior de síntese e coordinación dos diferentes grupos de traballo, temos un documento final coas conclusións do seminario. Este documento será enviado tamén ás autoridades educativas.

AdxuntoTamaño
seminario_santiago_conclusions.pdf243.66 KB