Asemblea Ordinaria de AGAPEMA

O vindeiro venres 14 de febreiro ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria celebrarase no Salón de graos da Facultade de Matemáticas de Santiago a Asemblea Xeral Ordinaria de AGAPEMA, coa seguinte orde do día:
1.      Lectura e aprobación, se procede, das actas das asembleas anteriores.
2.      Aprobación, se procede, das contas correspondentes ao exercicio 2013 e do orzamento previsto para o exercicio 2014.
3.      Memoria de actividades realizadas no curso 2012-13.
4.      Publicacións de AGAPEMA.
5.      Información sobre as actividades do presente curso (convocatorias, novidades, prazos, etc.).
6.      Renovación da Xunta Directiva da asociación.
7.      Propostas e preguntas.