Falecemento de Emma Castelnuovo

A profesora Emma Castelnuovo, unha das persoas mais sobresaíntes na reforma do ensino das matemáticas faleceu o pasado domingo, catro meses despois de ter cumpridos os cen anos.
Filla do xeómetra Guido Castelnuovo, sufriu as leis racistas e anticomunistas na italia de Mussolini. Membro da CIEAEM, traballou con Piaget, Gattegno e Puig Adam na reforma das matemáticas.
Podemos citar entre as súas obras mais coñecidas, “Geometría intuitiva”, “Didáctica de la Matemática” e os libros "Documenti di un'esposizione di matematica" e “Matematica nella realtá", publicacións que saen das exposicións en Roma con traballos de seus estudantes nos anos 1971 e 1974.
A revista SUMA dedicou o seu número 45 (febreiro, 2004) a Emma, co motivo do seu 90 aniversario.
En Galicia tivemos o pracer de escoitala nas IX JAEM de Lugo, o ano 1999, onde lle escoitamos pronunciar unha conmovedora conferencia titulada “La matemática escolar en este siglo” e que rematou coas verbas:
“Afortunadamente, nunca como en este final de siglo, tenemos la posibilidad de ver, con los inmigrados, una fuente de vitalidad. Éstos inmigrados, pobres pero ricos de una inteligencia más viva, más intuitiva, la verdadera inteligencia, darán un impulso a nuestra matemática. Hoy en día, son ellos, con su natural vivacidad, quienes nos estimulan para recuperar los valores que estamos perdiendo. La matemática que no exige un refinado conocimiento del idioma, será un día no lejano no un arma que evidencia las diferencias sociales (un arma electiva), sino, al contrario, un arma para afirmar la igualdad en un mundo sin fronteras.”