Aberto o Prazo para a Olimpíada 2015

Como cada ano, xa está aquí a Olimpíada Matemática Galega 2015 de 2º da ESO, un evento internacional orientado á procura dun ensino das matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión.
Este ano presenta como novidade a sede da súa Fase Final, que se desenvolverá na cidade de Lugo.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:

 

- Inscrición dos centros: 26 de febreiro

- Inscrición do alumnado: 26 de marzo

- Fase de zona: 23 de abril

- Fase final galega: 21 de maio

 

Toda a información detallada, formularios de inscrición e mesmo probas de anos anteriores, pódense atopar na nosa web, na ligazón http://www.agapema.org/?q=node/153

 

Se tes algunha dúbida ou suxestión relacionada con esta actividade, podes contactar coa organización da mesma na dirección olimpiada@agapema.org

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.