XVII EDICIÓN DAS JAEM EN CARTAGENA

A FESPM (Federación Española de Sociedades do Profesorado de Matemáticas) organiza a 17ª edición das JAEM (Jornadas sobre el Aprendizaje y la Enseñanza de las Matemáticas), que se celebrarán en cartagena os días 5 a 8 de xullo de 2015. Este congreso está recoñecido polo MEC, polo que é computable como formación a todos os efectos (oposicións, sexenios, traslados, etc).
Trátase do principal evento relacionado co ensino das matemáticas en todos os niveis educativos. No sitio web das JAEM podes consultar toda a información, incluindo comunicacións presentadas, conferencias, programa etc.
Animádevos e participade!  O 15 de maio remata o prazo para a matrícula reducida.
Nas seguintes ligazóns podedes consultar  información detallada sobre estas xornadas:
Inscrición: http://17jaem.semrm.com/inscripcion.php 
Aportacións recibidas: http://17jaem.semrm.com/aportados.php
Conferencias plenarias: http://17jaem.semrm.com/plenarias.php
Programa provisional: http://17jaem.semrm.com/programa.php
Espazos de debate: http://17jaem.semrm.com/espaciosdebate.php
 Vémonos en Cartagena!