Xornada de formación para a elaboración de Proxectos de Estatística

AGAPEMA e SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións) organizan un ano máis unha actividade de formación dirixida ao profesorado de ensino medio baixo o nome de "Xornada de formación para a elaboración de Proxectos de Estatística", que se celebrará o vindeiro 14 de novembro de 2015 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
A actividade é gratuita e está en proceso de ser homologada pola Consellería de Educación. Animámosvos a participar!
Tedes toda a información sobre matrícula, horarios e programa na web 
http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=1111:...