Presentación Olimpiada Matemática Galega 2º de ESO

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

 

  Un ano máis dende AGAPEMA poñemos en marcha unha edición da Olimpíada Matemática Galega, concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 2º curso de ESO. Dende a nosa asociación entendemos que nesta actividade faise realidade o lema de que "o importante non é gañar, senón participar", procurando fomentar o traballo baseado na resolución de problemas en todas as aulas de Galicia.

 
Este ano temos como novidade principal a eliminación da fase de inscrición de centros, polo que se inscribirá directamente ao alumnado a través deste formulario.
 
As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
 
- Inscrición do alumnado: 23 de marzo
- Fase de zona: 27 de abril
- Fase final galega en Lugo: 18 de maio
 
Toda a información detallada, formularios de inscrición e mesmo probas de anos anteriores, pódense atopar na nosa web
 
Se tes algunha dúbida ou suxestión relacionada con esta actividade, podes contactar coa organización da mesma na dirección olimpiada@agapema.org
 
Esperamos contar coa túa participación.
 
Patrocina
 
Deputación de Lugo - Área de Cultura