Convocatoria do XVIII Rebumbio Matemático

Relación de grupos clasificados para a Fase final, o día 25 de maio ás 10,30 h no Forum Metropolitano da Coruña.
Problemas da fase de zona  
Fotografías da fase de zona
Relación de participantes en cada centro.
Relación de centros participantes.
 
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 18ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.
Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2018, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición.
Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org
Poden consultar os problemas doutras edicións no enderezo
http://www.agapema.org/?q=probRebumbio

AdxuntoTamaño
XVIIIRebumbioConvocatoria.pdf115.44 KB