cabezallo

Novas de AGAPEMA

19JAEM en A Coruña

JAEM Imagotipo lema azul web 

Este ano AGAPEMA ten a honra de organizar a 19ª edición das JAEM (Jornadas para el Aprendizaje y la Enseñanza de las Matemáticas), o máis importante evento de todos os que se celebran en España relacionados coa Educación Matemática. As xornadas celebraranse nas instalacións de Palexco (A Coruña) entre os días 3 e 6 de xullo.

O comité organizador local leva meses traballando para tentar que esta edición sexa o máis satisfactoria posible para todos e todas as docentes participantes. Para acadar este obxectivo contamos coa axuda dos membros do comité científico, que decidiron que os núcleos temáticos sobre os que xirará este evento serán:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Didáctica e Formación docente
  • Divulgación Matemática
  • Materiais e recursos didácticos
  • Metodoloxía e avaliación
  • STEAM. conexións e contextos

Animamos a todo o profesorado galego a compartir os seus traballos, proxectos e intereses para axudar a construír este gran mosaico que serán as 19JAEM de A Coruña.

Podes consultar toda a información sobre esta actividade na web https://www.19jaem.org/