Miradas da Xeometría
"Miradas da Xeometría" é un proxecto da asociación matemática francesa "Les Maths en scène" dirixido ao alumnado de infantil, primaria e secundaria que ten como obxectivo descubrir a xeometría a través do mundo artístico e científico.
Este curso escolar, 2019-2020, AGAPEMA súmase a este proxecto e convida ao profesorado galego de infantil, primaria e secundaria a participar cos seus estudantes.
O obxectivo de cada grupo-clase será realizar unha produción artística ou dixital (infografía, aplicación dixital, película de animación, estrutura, escultura, etc…) que representará a mirada dos estudantes sobre o tema elixido.
O proxecto concluirá ao redor dos meses de abril e maio nun espazo común por determinar con dúas actividades:
-
A exposición conxunta dos traballos dos centros participantes.
-
A posta en común na que os autores dos traballos explicarán os diferentes procesos que efectuaron.
Proponse unha selección de 60 temas que poderás consultar no documento adxunto.
Podes formalizar a túa inscrición na seguinte ligazón:
https://forms.gle/UxXp6N93Ya3yX8wX7
Anímate e participa!