Fotografías do mosaico homenaxe a Coque, feito con cubos de Rubik por Ernesto Fernández.
Vídeo sobre a montaxe do mosaico homenaxe a Coque, feito por María Salgado.
Fotografías do mosaico homenaxe a Coque, feito con cubos de Rubik por Ernesto Fernández.
Vídeo sobre a montaxe do mosaico homenaxe a Coque, feito por María Salgado.
Os días 30 de setembro e 1 de outubro de 2016 terá lugar na Facultade de Matemáticas da USC o VIII Congreso de AGAPEMA.
Dende o comité organizador cremos que o programa desta edición colmará as expectativas do profesorado máis esixente.
Este congreso chega cargado de propostas do máis interesante,variadas, innovadoras, atractivas, amosando aspectos moi diversos do que é e do que pode ser o ensino das Matemáticas na nosa comunidade: Materiais manipulativos, recursos TIC, metodoloxías innovadoras, proxectos sorprendentes, traballos premiados, relatores con experiencia e profesorado novo cheo de ilusión. Pensamos que a variedade e a calidade destes traballos farán deste VIII Congreso unha experiencia enriquecedora e motivadora para todos os asistentes.
Nos documentos adxuntos podes consultar tanto o programa provisional do VIII congreso como un breve resumo de cada un dos traballos presentados.
Anímate participa!
O 28 de novembro celebrouse no IES Eusebio da Guarda de A Coruña a actividade "Xornada de Matemática Recreativa: As Matemáticas de Coque", coa que dende AGAPEMA quixemos render homenaxe ao noso mestre e compañeiro Manuel Pazos Crespo, "Coque".
Nesta xornada fixéronse presentes algunhas das ideas que guiaron o traballo de Coque ao longo da súa carreira profesional: a importancia dunha boa actitude do alumnado no ensino das Matemáticas, a necesidade de que a diversión e o xogo estean presentes nas aulas, o emprego de recursos didácticos sorprendentes e variados...
Podes consultar o programa da Xornada no documento adxunto ao final desta entrada.
A asistencia foi numerosa, alcanzáronse as bos expectativas de participación e o Salón de Áctos do instituto estivo cheo para as dúas conferencias, de Luís Balbuena e Tony Martín. Tamén desfrutamos da representación da "Historia do TANGRAM", conto sobre este material didáctico que inventara e gustaba representar Coque cando estaba de mestre no Colexio de Laracha e que nesta ocasión foi levado a escena por seus compañeiros do Grupo OCTÓGONO.
Podedes ver unhas fotografías da Xornada neste enlace.
Moitas grazas a todos pola participación!
Xa está dispoñible o programa provisional do VII Congreso de AGAPEMA, que se celebrará os días 26 e 27 de setembro de 2014 na facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
Trátase dun programa moi completo, que pensamos que cubrirá os intereses e as expectativas de todo o profesorado participante.
O VII Congreso de Educación matemática de AGAPEMA celebrarase na Facultade de Matemáticas de Santiago os vindeiros días 26 e 27 de setembro de 2014. Un ano máis pretendemos que esta actividade se converta nun foro no de presentación dos traballos e iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática.
Dende AGAPEMA somos conscientes da importancia do ensino dende os primeiros niveis educativos e queremos invitar dun xeito especial ao profesorado de Infantil e Primaria a participar neste congreso.
CONFERENCIAS PLENARIAS
Xa temos pechadas as dúas conferencias plenarias para o Congreso, e temos que dicir que é un orgullo poder contar coa presenza de dous grandes profesionais das matemáticas e grandes divulgadores: Clara Grima e Pedro Alegría.
Clara Grima é doctora en Matemáticas e profesora titular da área de Matemática Aplicada da Universidade de Sevilla. Ademais do seu labor docente e investigador é unha recoñecida divulgadora das Matemáticas. Ten publicado un libro Hasta el infinito y más allá editado por Espasa, onde nos achega determinados conceptos matemáticos dunha maneira moi práctica e orixinal a través dunha personaxe creada por ela, Mati. Clara Grima escribe actualmente para JotDown, CienciaXplora, eldiario.es, Naukas e 20minutos. Será unha honra que abra o noso Congreso. Podes acceder a máis información sobre o seu traballo aquí.
Pedro Alegría é doctor en Matemáticas e profesor da Universidade do País Vasco, faceta coa que desde hai moitos anos comparte coa súa outra grande paixón: a maxía. Ten publicados varios libros, entre outros, Magia por Principios, onde recolle a súa ampla experiencia como mago e profesor. A el lle corresponde poñer o broche de ouro a este evento.
PROGRAMA
Xa temos o programa definitivo para o Congreso:
http://agapema.org/files/Programa_AgapemaVII.pdf
INSCRICIÓN
O formulario e as normas de inscrición están á vosa disposición na seguinte ligazón:
http://www.agapema.org/?q=InscricionVIICongreso
Pouco a pouco iremos ampliando a información sobre relatores, conferenciantes, etc.
ANÍMATE E PARTICIPA!
Nesta páxina iremos pendurando os materiais que nos acheguen os/as poñentes dos Encontros de Educación Matemática para Infantil e Primaria.
"Experiencias matemáticas nunha aula PT” por Ana Martiínez Rey C.E.E Terra de Ferrol |
Podes acceder á súa presentación neste post do seu blog.
“Obradoiro de Matemáppticas: matemáticas e dispositivos móbiles" por Ana Mariño (CFR Vigo), Susana Lamela (CEIP N.S. dos Remedios - Ponteareas) |
— agapema (@agapemaf) September 28, 201
Os materiais empregados están no blog MatemAPPticas
“Os xogos e as rutinas nas matemáticas” por María Sanmartín Malvárez CPI dos Dices - Rois |
— agapema (@agapemaf) September 28, 2013
O seu prezi aquí
"Proxecto Canals - Materiais interactivos para E. Primaria" por Xosé Eixo IES Antón Losada Diéguez A Estrada |
— agapema (@agapemaf) September 28, 2013
Podes descargar a presentación premendo aquí
"Obradoiro de Calculadora" por Alicia Vázquez Veiga, CEIP Pedro Barrié de la Maza -Sada e Mercedes Vázquez, Oleiros |
— agapema (@agapemaf) September 28, 2013
Descarga os 2 documentos para Primaria: doc1 e doc2
Descarga o documento para Infantil
"Os proxectos na Educación Infantil" por Mª José Pousa Rodríguez Escola Infantil Barrionuevo Pastoriza – Arteixo |
— agapema (@agapemaf) September 28, 2013
Descarga a presentación premendo aquí
"Xogos no mercado. Primeiros conceptos matemáticos" por Montse Sancho -EI Montealto e Susana Vázquez -EducaBarrié |
— agapema (@agapemaf) September 28, 2013
Descarga a presentación premendo aquí
Cando comezamos a cociñar os I Encontros para Infantil e Primaria celebrados o pasado 28 de setembro ninguén imaxinaba que nos íamos xuntar tanta xente un sábado en Compostela. Fomos cerca de 400 inscritos/as dos/as que asistiron 300. Deseñáranse 5 liñas de temáticas diferenciadas (Infantil, Primaria, NNTT,...) e convidamos ao mestre canario Tony Martín Adrián, un fóra de serie que nos contaxiou toda a súa paixón e o coñecemento sobre esta profesión que compartimos.
Eran os primeiros Encontros deste tipo, nunha asociación que estaba demasiado centrada na educación secundaria. Mais todo mudou ese fin de semana e deixamos aberta esta liña de traballo para un colectivo que respondeu de maneira espectacular. Tamén deixamos aquí a ligazón para que accedades aos materiais que os/as poñentes nos vaian achegando.
Podedes botarlle un vistazo á nosa páxina de facebook para comprobardes como vivimos o evento e comentardes o que queirades.
Como en toda actividade de formación homolagada pola administración, tivestes que cumprimentar unha enquisa de avaliación. Unha vez feito o reconto, amosamos os resultados, agradecendo de antemán a vosa xenerosidade:
A seguir achegamos unha breve escolma das observacións que nos fostes deixando nesta enquisa:
Observacións Positivas:
-Encantoume o obradorio de cálculo mental.
-É moi bo que nos rompan os esquemas tradicionais. Empezaremos o curso con novas forzas. Grazas.
-Encantáronme Mar Santiago Arca e Tony Martín Adrián. Quedo esperando unhas II Xornadas.
-Papiroflexia, A voltas coas matemáticas e Algoritmos, moi ben.
-Encantoume o obradorio de cálculo mental.
-Valoro positivamente mesturar conferencias, obradoiros e experiencias
-Xornada moi áxil nos tempos, axeitados
-Vou pasar a noite sen durmir pensando en cambiar o meu xeito de" DAR" matemáticas para facelas mais significativas
-Valoro positivamente que foran todas experiencias que podo levar a aula xa
-Moi ben o detalle de invitarnos a café
-Gustaríame que este tipo de metodoloxía se divulgase para cambiar o modelo que temos hoxe en día, incluindo aos pais para que entendan e acepten.
-Agradecementos pola gratuidade do curso ( materiais, almorzo, ponentes...) e polas visións ofertadas.
-Moitas grazas por esta ponte entre dúas etapas tan cercanas e tan distantes
-Noraboa, foi un día estupendo para reflexionar. Que se repita o próximo curso
-Encantoume Tony, gustaríame volver a primaria para que fose o meu profesor e darlle unha segunda oprtundades ás matemáticas
-Agradezo a AGAPEMA o propor un espazo onde coñecer e compartir outro xeito de abordar as matemáticas en primaria e Infantil
-Ademáis unha atención por parte dos organizadores fantásticas.
Observacións negativas:
-O tempo das comunicacións un pouco escaso, quedamos con ganas de mais en todos
-Se podrí dar mayor información sobre las comunicaciones-obradoiros para poder escoger con mayor criterio.
-Falta de información previa de cada taller, máis aló do título, en moitos deles alonxado da realidade
-Moita ponencia onde debería haber talleres.
-As instalacións un "poco rollo" andar cambiando de bloque pero estabase ben
-Algúns relatores comunicaron ás presas. é preferible abarcar menos e poder profundizar máis. Outra opción sería que os encontros durasen dous días.
-Escaso material nalgún taller. Contemplar a posibilidade de incluir material material manipulativo.
-Máis contidos de Infantil.
-Algúns obradoiros estaban moi masificados
-No curso de tablets non había, podíase avisar para trare unhaSería bo que no próximo houbera indicacións para ir ás aulas
-Echo en falta la entrega de bibliogrfía.
Moitas grazas a todos/as.
Os I Encontros de Educación Matemática para Infantil e Primaria de AGAPEMA celebraranse o sábado 28 de setembro de 2013 na Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Sur da USC.
Achegamos un mapa onde situamos a Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur
Xa temos o programa listo para o VI Congreso de Educación Matemática.
Podes acceder a el premendo aquí.