cabezallo

XVI Feira Matemática - 2023

PROGRAMA DA FEIRA   

Fotos da Feira               Resolución dos concursos   

         cartaz Feira 2023 ppp                                                         logoFeira2022
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "As matemáticas dos volcáns", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material. Neste enlace podedes descargar o material que María Charco Romero, investigadora do CSIC no Instituto de Geociencias (IGEO), ten preparado e que foi publicado no nº 101 da revista SUMA.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XVI FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 15 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 20 h.

Convocamos tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, tedes que entrar no MATEBLOG  e o prazo para participar está ampliado ata o día 25 de marzo (a votación abrirase dende o 1 ata o 12 de abril). Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe. (Ver premiados no último concurso)

Queremos contar coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espazo de comunicación con todos vós. Animádevos e non esquezades que contamos con todos, cos vosos traballos e colaboracións para poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo pero que paga a pena.

Se queredes participar enchendo un posto cos vosos estudantes e aportando actividades, poderedes inscríbiros neste formulario  (que estará aberto ata o 31 de marzo), pero como hai un número limitado de postos, poderá pecharse antes desa data se se ocupan todos os postos.

Por todo isto esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.

Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para participar como 'visitantes' ou como 'comerciantes'.

Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 15 de abril de 2023, na

XVI Feira Matemática 
en Palexco

Comisión organizadora:

Alberto Fortes Novoa (IES Garcia Barbón, Verín)
Carmen Peñamaría Ramón
César Docanto Vázquez (IES David Buján, Cambre)
Elena Segade Pampín (IES Urbano Lugrís, A Coruña)
Enrique de la Torre Fernández (Fac. Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Francisco Vila Baleato (IES Alfredo Brañas, Carballo)
Isabel Miguélez Pose
Mª Alicia Vázquez Veiga
Mª Cristina Naya Riveiro (Fac. Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Mª Pilar Orizales Teijeiro (IES Rego de Trabe, Culleredo)
Óscar Dominguez Perez (CFR de A Coruña)
Sandra Sambade Nieto (IES Miraflores, Oleiros)
Santiago López Arca

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.