II Día da Ciencia en Galego
II Día da Ciencia en Galego.Día 4 de novembro de 2011. Queremos...
- Mostrar á sociedade e no seo da comunidade educativa non universitaria que o galego é unha lingua totalmente idónea para o desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas.
- Expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
- Festexar a ciencia e a tecnoloxía en xeral e a ciencia e a tecnoloxía en galego en particular para mostrar o idioma como un vehículo apto de expresión científica e desmontar os graves prexuízos existentes, reforzados dende a aprobación do decreto 79/2010, que o elimina en grande parte desas áreas de coñecemento no ensino non universitario.
No II día da Ciencia en Galego que imos celebrar o día 4 de novembro, dedicada á Química (estamos no Ano Internacional da Química), sendo a científica universal a homenaxear este ano Marie Courie e a galega María Wonenburguer, e, con este motivo, tamén destacar o papel da muller na ciencia.
Máis información en http://www.cienciaengalego.org
https://www.facebook.com/group.php?gid=111486615577076
https://www.facebook.com/groups/cienciaengalego/