cabezallo

Matemáticas na Raia 2019

AGAPEMA  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a cuarta edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

A proba terá lugar o día 26 de marzo e as inscricións están abertas ata o día 12 de marzo. No arquivo adxunto podes consultar as bases desta actividade.

Podes inscribir ao teu alumnado na seguinte ligazón:

https://www.agapema.org/inscricion-matematicas-na-raia

Anímate e participa!

MATEMATICAS_NA_RAIA_2019_bases.pdf

Matematicas_na_raia_cartel.pdf