Matemáticas na Raia 2020
AGAPEMA e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a cuarta edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 5 de marzo e as inscricións están abertas ata o día 21 de febreiro
No arquivo adxunto podes consultar as bases desta actividade.
Podes inscribir ao teu alumnado na seguinte ligazón:
https://www.agapema.org/inscricion-matematicas-na-raia
Anímate e participa!