cabezallo

Matemáticas na Raia 2021

AGAPEMA  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan unha nova edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

Debido ás circunstancias sanitarias, fixemos algunhas modificacións nas bases en relación a convocatorias anteriores, especialmente no que respecta ao número mínimo de alumnos participantes e á limitación ao máximo da mobilidade do profesorado.

A proba terá lugar o día 15 de abril e as inscricións están abertas ata o día 26 de marzo.

No arquivo adxunto podes consultar as bases desta actividade.

Podes inscribir ao teu alumnado na seguinte ligazón:

https://www.agapema.org/inscricion-matematicas-na-raia

Anímate e participa!

MATEMTICAS_NA_RAIA_2021-bases.pdf

Cartaz_Matemticas_na_raia2021.jpg