Matemáticas na Raia 2023
AGAPEMA e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan unha nova edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 23 de marzo e as inscricións están abertas ata o día 10 de marzo.
No arquivo adxunto podes consultar as bases desta actividade.
Podes inscribir ao teu alumnado na seguinte ligazón:
https://www.agapema.org/inscricion-matematicas-na-raia
Anímate e participa!