cabezallo

Resultados Fase Final Galega 2021

Final Galega

 

O 20 de maio celebrouse en Lugo a Fase Final da Olimpiada Matemática Galega nunha versión reducida a causa da pandemia que vivimos. Dos 25 finalistas só faltou un rapaz ao que lle fora imposto o confinamento por casos positivos na súa clase. O esforzo e ilusión deste alumnado e do seu profesorado nos leva un ano máis a pensar que o traballo feito pagou a pena. Grazas por facer posible este evento e poder profundizar nunhas matemáticas máis reflexivas e creativas.

Os premios desta edición 2021 son os seguintes:

 

Trofeo á Beleza Matemática

Paulo Cameselle Juiz - IES Elviña

Trofeo e Mención de Honra do Xurado 

Alejandro González Soage - IES Alexandre Bóveda

3º Clasificada e Finalista Fase Española

Gaia Zordán Guerreiro - IES Sanxillao

2º Clasificada e Finalista Fase Española

Iria López Dios - Colexio San Xosé

1º Clasificado e Finalista Fase Española

Martín Casanova Alonso - IES Leiras Pulpeiro

 

... e parabéns ao resto por disfrutar e facernos disfrutar desta Olimpiada.