Problemas fase final 2013
Problema 1 da fase final 2013: A potencia de dous |
Pedro e Andrea están discutindo sobre cal será o maior número enteiron, tal que2ndivide a:1x2x3x4x5x...x40. Podes atopar ti o número?
|
Problema 2 da fase final 2013: As pesadas |
O agricultor don Paco tiña 5 sacos de patacas e pediu ao seu fillo Paquiño que os pesase para levalos ao mercado. Paquiño pesounos de dous en dous de todas as maneiras posibles. As pesadas que obtivo foron: 46, 48, 49, 50, 51, 52, 53, 54, 56 e 57kg A pesar disto o pai descubriu o peso de cada saco, cales son eses pesos? Explica o proceso seguido.
|
Problema 3 da fase final 2013: Á procura de agasallo |
Entre os alumnos do Centro Residencial Docente de Vigo vaise escoller un grupo para realizar unha enquisa. Os alumnos están numerados do 1 ao 500. Ana que ten o número 462 gustaríalle ser seleccionada xa que sabe que van sortear unha tablet entre os escollidos. As formas que se están estudando para facer a elección son: a) Elixir a todo os participantes con número par. b) Elixir a todo os participantes con número múltiplo de 11. c) Elixir a todo os participantes con número par e múltiplo de 11. d) Elixir a todo os participantes con número múltiplo de 3 e de 7. Con cal dos catro criterios ten máis posibilidades de conseguir o agasallo Ana?
|
Problema 4 da fase final 2013: Os cadradiños |
Natalia está construíndo un cadrado colocando unha ficha negra na esquina inferior-esquerda, logo o rodea con 3 fichas brancas, sigue con 5 fichas negras e así sucesivamente, como indica a figura do cadrado de lado 4:
Cal é o cadrado máis grande que pode construír con 1000 fichas brancas se ten todas as fichas negras que necesite? Cantas fichas negras utiliza?
|
Problema 5 da fase final 2013: A roda cadrada |
O normal é usar rodas redondas verdade?. PoisGaspar, un amigo meu que é un pouco bruto, empeñouse en facer unha cadrada. Fíxate no vérticeA. Se a roda empeza a dar voltas, sen deslizarse.
Podes debuxarlle a traxectoria que describe o puntoA, ata que este volve estar no chan? Calcularlle a lonxitude da traxectoria, sabendo que o cadrado ten 1 metro de lado.
|