Problemas fase final 2003
Problema 1 da final galega 2003: Tan fácil como o ABC |
|||
Atopa o valor das letras A, B e C para que se cumpra: |
|
||
Problema 2º fase final galega 2003: O cadrado |
|||
O lado dun cadrado alóngase nun 3% da súa lonxitude. a) ¿En que porcentaxe medra o perímetro do cadrado? b) ¿En que porcentaxe medra a área do cadrado? |
|
||
Problema 3 da fase final galega 2003: Mistos |
|||
Ana baleirou sobre a mesa unha caixa de mistos, distribuíndoa en tres montóns diferentes. Neles hai un total de 48 mistos. Non vos digo cantos hai en cada un, pero observade o seguinte: "Se do primeiro montón paso ao segundo tantos mistos como hai neste, logo do segundo paso ao terceiro tantos mistos como hai nese terceiro e, por último, do terceiro paso ao primeiro tantos mistos como existen agora nese primeiro resultará que haberá o mesmo número de mistos en cada montón". |
|||
Problema 4 da fase final galega: Xardineiras |
|||
|
|||
O concello quere instalar xardineiras e rodealas de baldosas hexagonais segundo o medelo que se ve arriba (neste modelo hai 18 baldosas rodeando a 4 xardineiras). ¿Cantas baldosas se necesitarán para 5 xardineiras? ¿E para 10? Se o concello quere instalar 100 xardineiras, ¿cantas baldosas necesitará? Busca unha fórmula para que o concello poda calcular o número de baldosas necesarias para un número calquera de xardineiras? |
|||
Problema 5 da fase final galega: O feirante |
|||
Un feirante invita a xogar coa súa ruleta polo módico prezo de 40 céntimos por partida. Se a agulla cae en calquera dos sectores 1, 2 e 3 entón págache 20 céntimos; se cae nos sectores 4 e 5 págache 30 céntimos e se cae no sectore 6 págache 60 céntimos. ¿Cres que o feirante gañará diñeiro? Explica a túa opinión. |
|