cabezallo

Problemas fase de zona 2008

 

Problema 1 da fase de zona 2008: As barras de pan

Nunha casa compraron pan para 6 días, pero, como deixaron de comer unha barra de pan cada día, tiveron pan para 9 días. Cantas barras de pan compraron se todos os días comeron a mesma cantidade?.

 

 

 

Problema 2 da fase de zona 2008: A nota media

A nota media conseguida nunha clase de 20 alumnas foi de 6. Oito alumnas acadaron un 3, e o resto superou o 5. Cal foi a nota media das alumnas que aprobaron?

 

Problema 3 da fase de zona 2008: Lúnula

Esta lúnula está inscrita nun cadrado de lado 4cm. Todos os arcos son, ou ben semicircunferencias, ou ben cuartos de circunferencias. Calcula a súa área.

 

 

Problema 4 da fase de zona 2008: As fincas do meu pai

O meu pai ten dúas fincas, unha delas con forma de hexágono regular, e outra con forma de triángulo equilátero. Cando preparou o cerre tivo que mercar a mesma cantidade de tecido de arame para cada unha delas.

Lémbrase que a superficie da de forma triángular é de 120 m2, pero non se lembra da superficie da outra finca. Poderías axudarlle tí?

 

 

 

Problema 5 da fase de zona 2008: Moitos setes

Xa que estamos no ano 2008, descobre cál é a cifra das centenas do número seguinte:

 

7 + 77 + 777 + .... + 777...7777

2008 veces