cabezallo

AGAPEMA

Coa denominación de Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática constitúese unha Asociación civil de ámbito autonómico e sen ánimo de lucro. Acorde coa lexislación vixente, esta Asociación terá personalidade xurídica propia e gozará de plena capacidade operativa.

Os seus fins son:

- Facilitar a actualización do Profesorado de Matemáticas, difundir as correntes do pensamento matemático,transmitir as innovacións educativas e difundir as distintas correntes para a ensinanza e a aprendizaxe matemática.

- Impulsar o desenvolvemento das investigacións na Educación Matemática.

- Realizar estudios, críticas e propostas de currícula para cada un dos niveis educativos.

- Establecer unha conexión entre o profesorado dos distintos niveis educativos.

- Colaborar e intercambiar información coas Asociacións e Sociedades de igual carácter e finalidade.

- Establecer convenios de colaboración con outras entidades e institucións, públicas ou privadas, sempre e cando contribúan á consecución dos fins da Asociación.

- Promover o coñecemento e difusión das tecnoloxías da información e comunicación no ensino das matemáticas.