cabezallo

XVIII Rebumbio Matemático - Fase Final

Fotos da fase final        Problemas da fase final

Acta do fallo do XVIII Rebumbio Matemático

A Fase Final do XVIII Rebumbio Matemático celebrouse o venres, 25 de maio, cun día de convivencia cos 45 estudantes dos 15 equipos clasificados nas distintas zonas.

Pola mañá, entre as 11 e as 12:45 h, tiveron a sesión de resolución de problemas no Forum Metropolitano da Coruña. Logo visitaron a Casa dos Peixes Aquarium Finisterrae

Despoisdo xantar na mesma Casa dos Peixes, tivemos a entrega de premios e recordos no Forum Metropolitano, coa asistencia da concelleira de Xustiza social e coidados, Silvia Cameán, e o director do CFR da Coruña, José Carlos Chas.

Os tres primeiros premios foron para os seguintes equipos:

1º Premio:  Equipo    REACCIÓN MATEMÁTICA,

do centro  CPR Filipense Sagrada Familia  (Vilagarcía), formado polos estudantes:

Gonzalo Rodríguez Buceta
Natalia Portela Davila
An Ran Cheng

2º Premio: Equipo  GEOPLANO

do centro CEIP Almirante Juan de Langara y Huarte (Ferrol), formado polos estudantes:

Belén Aguilar Fernández
Alejandro Sánchez Romar
Inés Vilariño Amado

3º Premio:  Equipo  CADRADOS PERFECTOS

do centro  CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense), formado polos estudantes:

Ana González Cerviño
Hugo González Rodríguez
Daniela López Moradiellos

Ademais os alumnos de Vilagarcía, por quedar en primeiro lugar, clasificáronse para a Olimpiada Alevín Nacional, que se celebrará este ano, do 18 ao 21 de xuño na cidade de Melilla.

Tedes toda a información no arquivo da convocatoria, e podedes consultar calquera dúbida no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.