cabezallo

Convocatoria do XX Rebumbio Matemático 2021

A directiva de AGAPEMA, sendo conscientes de que a situación actual non é a ideal para a celebración dalgunhas actividades, fixo o esforzo de adaptar as bases desta actividade ás normas fixadas nos protocolos COVID.

Relación de grupos clasificados para a Fase final, o día 28 de maio ás 10,30 h na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, en A Coruña.

Problemas propostos na Fase de Zona        

Texto da Convocatoria do XX Rebumbio Matemático

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 20ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2021, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición.
Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Pódense consultar os problemas doutras edicións aqui