Maio 2012

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

Gañadores do XII Rebumbio Matemático

Estes son os equipos gañadores do XII Rebumbio Matemático:

1º Premio
 "As potencias". CEIP Seis do Nadal (Vigo)

Gañadores da XIV Olimpíada Matemática Galega

O día 25 de maio celebrouse en Vigo a fase final da Olimpiada Matemática Galega de 2º ESO. Os alumnos gañadores foron:
Iván Cuntín (Vigo), Ángela Turnes (Santiago) e Miguel Picos (Ferrol).
Podedes ver fotos desta actividade no seguinte enlace:

http://www.elcorreogallego.es/fotos/ecg/final-gallega-olimpiada-matematica/idGaleria-5675/

VII Escola Miguel de Guzmán

 

A VII Escuela Miguel de Guzmán estará dedicada a “Procesos comunicativos y enseñanza-aprendizaje de las matemáticas” e terá lugar en Huelva durante os días 9 a 13 de xullo de 2012.

Esta edición enmárcase nos cursos de verán da Universidad Internacional de Andalucía e realízase en colaboración con la RSME.

No arquivo adxunto tedes o programa e toda a información sobre este evento.

Finalistas na XIV Olimpiada matemática para 2º de ESO

Xa está publicada a relación dos alumnos e alumnas clasificados para a fase final da Olimpiada Matemática para 2º de ESO. A fase final terá lugar en Vigo o vindeiro 25 de maio.

Noraboa a tódolos clasificados e moitas grazas a tódolos participantes (alumnos e profes).

Podes consultar toda a información no seguinte enlace: http://www.olimpiadagalega.org/webolimpiada2eso20122/fase_final.htm

Convocatoria Estalmat-Galicia 2012

Xa está en marcha a convocatoria da proba de selección do proxecto "Estalmat-Galicia" (Estimulación do talento matemático), organizada conxuntamente pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales e pola Facultade de Matemáticas da USC. 

Finalistas no XII Rebumbio Matemático

Xa podes consultar a relación dos quipos clasificados para a final do XII Rebumbio Matemático, que terá lugar o vindeiro 25 de maio a partir das 10:30 no Forum metropolitano (Parque Europa) de A Coruña.

Noraboa a tódolos grupos clasificados e grazas a todo o profesorado e alumnado participante.

Día escolar das Matemáticas 2012

Este ano 2012 o lema do Día Escolar das Matemáticas é "Matemáticas e economía". Dentro das actividades conmemorativas desta data destaca a videoconferencia impartida por Vicente Liern Carrión baixo o título "Matemáticas y economía. Ventajas de la cooperación".

Na seguinte web http://fespm.es/Conferencia-Matematicas-y-economia poderás atopar información sobre a conferencia e o autor, así como descargala a partir do 4 de maio.