Quen Somos
Dámosvos a benvida á web de Agapema.
Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) xorde co fin de establecer conexións entre profesorado de diferentes centros e niveis de cara a mellorar calquera aspecto da educación matemática en Galicia. Temos unha idea presente en todas as nosas actividades e accións: sumar. Esperamos que atopes aquí alguna actividade, iniciativa, espazo,… que te anime a participar, en Agapema estaremos encantadas e encantados de contar contigo.
Que facemos?
- Facilitar a actualización do Profesorado de Matemáticas, difundir as correntes do pensamento matemático, transmitir as innovacións educativas e difundir as distintas correntes para a ensinanza e a aprendizaxe matemática.
- Impulsar o desenvolvemento das investigacións na Educación Matemática.
- Realizar estudos, críticas e propostas de currículo para cada un dos niveis educativos.
- Establecer unha conexión entre o profesorado dos distintos niveis educativos.
- Colaborar e intercambiar información coas Asociacións e Sociedades de igual carácter e finalidade.
- Establecer convenios de colaboración con outras entidades e institucións, públicas ou privadas, sempre e cando contribúan á consecución dos fins da Asociación.
- Promover o coñecemento e difusión das tecnoloxías da información e comunicación no ensino das matemáticas.
Organigrama
Presidente
IES As Barxas (Moaña)
Vicepresidenta
IES Miraflores (Oleiros)
Secretaria
Profesora xubilada do IES de Ordes
Tesoureira
IES Aquis Celenis (Caldas de Reis)
Vogal
IES David Buján (Cambre)
Vogal
IES de Salvaterra do Miño
Delegado de Santiago
IES Antonio Fraguas (Santiago)
Delegado de Ourense
IES García Barbón (Verín)
Delegado de Lugo
IES Leiras Pulpeiro (Lugo)
Delegada de Vigo
IES Castelao (Vigo)
Delegada de A Coruña
Facultade de CC da Educación (Universidade da Coruña)
Imagen de storyset en Freepik