Septembro 2012

Que che parece o anteproxecto da LOMCE?

-

IX Xornadas de Ensino das Matemáticas

As IX Xornadas de Ensino das Matemáticas en Catalunya terán lugar o sábado 29 de setembro e poderán ser seguidos on-line vía streaming premendo aquí

Haberá unha Mesa Redonda inicial de mañá sobre Divulgación Matemática e unhas sesións paralelas pola tarde.

Habilítase o hashtag #9jEM para tuitear o que alí se fale.

Podes acceder ao programa completo premendo aquí

Congreso de Contidos Educativos Dixitais do INTEF

Os días 4, 5 e 6 de outubro de 2012 terá lugar no "Palacio de Congresos y Exposiciones" de Mérida o Congreso de Contidos Educativos Dixitais do INTEF.

Poderás seguir en directo vía streaming o Congreso premendo aquí.

Habilitase o hashtag #CongresoCED para tuiteares todo canto alí se fale.

Máis información premendo aquí.

Día GeoGebra en Segovia

Os Institutos GeoGebra de España convocan ao profesorado de Matemáticas de calquera nivel educativo a participar no Día GeoGebra, que se celebrará en Segovia o 24 de novembro de 2012.  

Podes consultar toda a información sobre esta actividade na web http://diageogebra.info/

Novas da SGAPEIO (4-9-2012)

Comunicámosvos as novas remitidas pola sociedade SGAPEIO no seu boletín informativo de 4 de setembro de 2012.

1.- Curso "Control Estatístico da Calidade con R"

Concurso de vídeos. Ano Internacional da Estatística

Con motivo da conmemoración no 2013 do Ano Internacional da Estatística, AGAPEMA ten planificadas unha serie de actuacións para divulgar e promocionar esta rama da Matemática. Dentro destas actuacións está tamén a difusión e colaboración en iniciativas doutras institucións, como neste caso educaBarrié.

Trátase dun concurso de vídeo dirixido a alumnado e grupos de alumnado de ata 18 anos de idade.

Tedes toda a información no seguinte enlace:

http://www.educabarrie.org/proyectos/concurso-de-videos-ano-internaciona...