Febreiro 2013

Cursos a distancia da FESPM

Convócase a III Edición dos cursos a distancia da FESPM. Podes consultar toda a información sobre estes cursos na seguinte web:

Exposición Imaginary en Santiago

Dende o 15 de marzo ata o 16 de maio poderedes visitar a exposición RSME-Imaginary na Igrexa da Universidade en Santiago. Trátase dunha exposición organizada pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) con ocasión do seu centenario en 2011. É unha adaptación da exposición IMAGINARY, ideada e desenvolvida polo instituto alemán “Mathematisches Forschungsinstitut Oberwolfach”, e froito da participación internacional de matemáticos e artistas.

Normas de publicación en Gamma

Na pasada asemblea fíxose oficial o relevo na coordinación da revista Gamma. Entre as primeiras aportacións do novo equipo temos as normas de publicación da revista, que podedes consultar no arquivo adxunto.
Animamos a todos os interesados (soci@s e non soci@s) a colaborar nesta nova etapa, ben aportando materiais publicables ou ben ideas que permitan manter a alta calidade que ven caracterizando á nosa publicación.

Entidades colaboradoras

Asemblea Ordinaria de AGAPEMA

Convócase a Asemblea Ordinaria de AGAPEMA que terá lugar o vindeiro venres 22 de febreiro no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela ás 17:00 en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda.
No arquivo adxunto podes consultar o orde do día desta asemblea.
 

Solicitude de inscrición no Instituto GeoGebra de Galicia

Solucións fase de zona 2005

 

Solución problema 1 da fase de zona: 29 de abril de 2005

Solucións fase final 2005

 

Solución problema 1 da fase final galega 2005: Moito dezaoito

Solucións fase final 2010

 

Solución problema 1 da fase final galega 2010: O tren