Xuño 2013

  • warning: array_map() [function.array-map]: Argument #2 should be an array in /home/agapema/www/modules/system/system.module on line 1015.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /home/agapema/www/includes/theme.inc on line 1817.

Nova Rede Educativa Dixital Descartes

A Rede Educativa Dixital Descartes é unha asociación non gubernamental que se constituíu o 1 de xuño de 2013. Fundada por profesoras e profesores que teñen unha historia conxunta construída, durante quince anos, desenrolando proxectos do Ministerio de Educación español, entre os que podemos citar o Proxecto Descartes, Educación Dixital a Distancia (EDAD), Canals, Pizarra Interactiva, Newton, Experimentación Didáctica na Aula, WikididácTICa e Buenas Practicas 2.0.

Xornada sobre o Ensino da Estatística

Con motivo do Ano Internacional da Estatística, AGAPEMA e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, organizan unha xornada sobre o Ensino da Estatística na ESO e no Bacharelato que se impartirá en dúas edicións, unha na Coruña e outra en Vigo.

Congreso Iberoamericano de GeoGebra

Dos días 7 a 9 de novembro de 2013 celebrarase en Chaco (Argentina) o Congreso Iberoamericano de GeoGebra, evento para o que xa está aberta a inscrición.
Podes consultar toda a información sobre este evento na web do mesmo:
http://geogebra.uncaus.edu.ar/