Febreiro 2018

MATEMÁTICAS NA RAIA 2018

AGAPEMA  e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º  de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 19 de abril e as inscricións están abertas ata o día 23 de marzo.