O Consello da Cultura Galega organiza a xornada A modelización da Terra en Galicia. Unha nova ollada sobre o país, o vindeiro día 7 de novembro con motivo da declaración do ano 2013 pola Unesco como Ano internacional das Matemáticas para o Planeta Terra. A xornada estará coordinada por Elena Vázquez Cendón, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG e contará coa presenza dos expertos Amable Liñán, Rafael Crecente, Vicente Pérez Muñuzuri, Jerónimo Puertas, Ramón Gómez Gesteira, María Loureiro, Julio Rodríguez Taboada e Juan M. Viaño Rey.
Pode descargar o programa completo <http://consellodacultura.org/mediateca/extras/Programa%20Matematicas%202013.pdf> en pdf cos horarios das diferentes sesións.
Máis información e INSCRICIÓN <http://consellodacultura.org/evento.php?id=200148>