X Concurso de Fotografía Matemática

Acta do X Concurso de Fotografía Matemática 2016

Descrición

O obxectivo deste concurso é resaltar a través de fotografías, a presenza constante a noso arredor de elementos matemáticos, e poñer de manifesto a súa utilidade na vida cotiá.

Suxírese en particular o tema das Matemáticas e Deporte, xa que este é o lema para este ano.

Bases do concurso

 A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convoca para estudantes e adultos o X Concurso de Fotografía Matemática que se rexerá polas seguintes:

 BASES 

1.    Tema das fotografías: As Matemáticas. Suxírese en particular o tema das “Matemáticas e Deporte”, xa que este é o lema do Día Escolar das Matemáticas para o ano 2016.

2.    Formatos: Tamaño de impresión mínimo 15 cm x 20 cm, máximo 20 cm x 30 cm e peso máximo das fotografías dixitais, 1,5 Mb

3.    A fotografía debe levar un título que a relacione co seu contido matemático. O título tentará ser orixinal e con gracia e será tamén avaliado polo xurado.

4.    As fotografías deben ser inéditas, non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital. Deberá acreditarse a propiedade intelectual das imaxes presentadas.

5.    Cada fotografía matemática deberá ir acompañada dun texto descriptivo/explicativo sobre a vinculación da imaxe co mundo matemático, cunha extensión máxima de 100 palabras.

6.    Poderán participar estudantes de colexios e institutos, públicos ou privados. Cada un poderá presentar un máximo de 3 fotografías. Tamén poderá concursar nun apartado propio calquera adulto, profesor ou non, interesado na fotografía matemática.

7.    Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:

·         Alumnado de Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO.

·         Alumnado de segundo ciclo da ESO e Bacharelato.

·         Adultos, maiores de 18 anos.

Os premios poderán ser declarados desertos.

8.    Os premios estarán patrocinados pola Fundación Barrié.

9.    A recepción de fotografías será ata o día 20 de abril de 2016.

10.    As fotografías remitiranse utilizando o formulario específico desta web (rematou o prazo) e deberán aportar tódolos datos solicitados, así como adxuntar a fotografía participante. Deberase encher un formulario por cada obra presentada ao concurso.

11.    O resultado do concurso comunicarase o 23 de abril de 2016, na X Feira Matemática, e será publicado na páxina web da Feira Matemática (feira.agapema.org) e tamén nesta web.

12.    Os premios serán entregados durante a celebración da X Feira Matemática o día 23 de abril de 2016.  Unha selección das fotografías presentadas será exposta durante a celebración desta feira.

Os concursantes premiados que non podan asistir á X Feira Matemática poderán recoller o seu premio poñéndose en contacto coa organización (feiramatematica@agapema.org)

13.    O Xurado será designado por AGAPEMA.

14.    AGAPEMA resérvase os dereitos de publicación das fotografías premiadas nos medios que considere oportunos e con fins educativos.

15.    A participación no Concurso implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.

Inscrición no Concurso

Scroll ao inicio