XVI Edición do programa Ciencia en Acción

A Universidade da Coruña tense asociado á XVI Edición do programa Ciencia en Acción que se celebrará entre o 2 e o 5 de outubro de 2015. Ciencia en Acción é unha iniciativa do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e sete instucións científicas máis que pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía ao público en xeral. Trátase dun concurso dirixido principalmente ao profesorado de todos os níveis educativos mais tamén a calquera persoa interesada no ensino e na divulgación da ciencia.

Os mellores traballos seleccionados presentaranse na final, que este ano terá lugar en A Coruña nas datas anteditas.

O prazo de presentación dos traballos remata o 15 de maio de 2015.

Máis información: http://www.cienciaenaccion.org/es/2015/home.html

Scroll ao inicio