As sesións do II Día GeoGebra de Galicia retransmitíronse en streaming. Pódense ver agora todos os videos neste enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCYxeHB8NiFbkyhrYyNX6-rQ
O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o II Día GeoGebra de Galicia (2DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, a celebrar o sábado 25 de marzo de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.
Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.
Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.
Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en sesións de mañá e tarde.
Teremos dous poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (del I.G. de Andalucía) e Francisco Botana (del I.G. de Galicia).