A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca por 23ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza – aprendizaxe das matemáticas en particular.
O equipo gañador desta edición será convidado a participar na VI OMNA (Olimpíada Matemática Nacional Alevín), que terá lugar en Madrid no mes de xuño de 2024.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.
Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1 de marzo de 2024, a súa inscrición en liña, indicando o número de equipos (un por clase) que van a participar e o profesorado responsable da participación, no formulario de inscrición.
Antes do 1 de abril de 2024, cada Centro comunicará os nomes dos participantes que forman cada equipo cubrindo a ficha do formulario de zona.
Para calquera comunicación coa organización débese utilizar o correo electrónico rebumbio@agapema.org