Ante a entrada en vigor dunha nova lei educativa, que implicará a elaboración e implementación de novos programas, a FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas) programa a posta en marcha, no comezo do ano 2014, de tres grupos de traballo co obxectivo de elaborar unha proposta de curriculum de Matemáticas para as diferentes etapas educativas: Primaria, ESO e Bacharelato.
Cada un destes grupos estará formado por 10 persoas propostas polas sociedades federadas, polo que se algún membro de AGAPEMA quere participar neles deberá contactar coa directiva da asociación e solicitalo enviando un correo a presidente@agapema.org.
Tedes todos os detalles desta convocatoria na web da FESPM, na seguinte ligazón http://fespm.es/Convocatoria-grupos-de-trabajo