O vindeiro venres 14 de febreiro ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria celebrarase no Salón de graos da Facultade de Matemáticas de Santiago a Asemblea Xeral Ordinaria de AGAPEMA, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das asembleas anteriores.
2. Aprobación, se procede, das contas correspondentes ao exercicio 2013 e do orzamento previsto para o exercicio 2014.
3. Memoria de actividades realizadas no curso 2012-13.
4. Publicacións de AGAPEMA.
5. Información sobre as actividades do presente curso (convocatorias, novidades, prazos, etc.).
6. Renovación da Xunta Directiva da asociación.
7. Propostas e preguntas.