O pasado mes de maio tiveron lugar por primeira vez as probas de avaliación de competencias dirixidas ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria, tal e como se recolle na LOMCE (Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación). O obxectivo destas probas, segundo se recolle na normativa correspondente, é o de medir o grao de consecución das diferentes competencias .
Dende AGAPEMA queremos manifestar a nosa preocupación polo deseño e o contido da “proba de avaliación da competencia matemática” por considerala totalmente desaxeitada para cumprir a súa función: avaliar a competencia matemática do alumnado de 6º curso de Educación Primaria.
No documento adxunto se recollen os argumentos que sustentan a anterior afirmación. Este documento foi elaborado e aprobado de xeito unánime pola directiva de AGAPEMA