Día escolar das Matemáticas: Maxia e Matemáticas

Vense de presentar o caderno do Día Escolar das Matemáticas. Este ano dedicado a Maxia e Matemáticas.

O material foi elaborado por Antonio Arroyo Miguel, da Sociedad Castellano Leonesa de Educación Matemática “Miguel de Guzmán”.

Facendo clic aquí tedes acceso á nova que aparece na páxina da FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesorado de Matemáticas) onde tamén poderedes descargar o material de traballo para este curso e o anuncio da correspondente conferencia anual que terá lugar o día 12 de maio de 2025 no Conservatorio de Música de Burgos.

Scroll ao inicio