Xa está á vosa disposición a convocatoria do XXVI Rebumbio matemático para alumnado de sexto curso de Educación Primaria de toda Galicia.
O prazo de inscrición abranguerá do 1 de decembro de 2026 ao 1 de marzo de 2027.
Datas sinaladas:
Fase de Centro no mes de marzo nas propias aulas.
Fase de Zona 23 de abril ás 10:30 h en cada unha das sedes.
Fase Final 21 de maio ás 10:30 h na Coruña.
Animádevos a participar coas vosas aulas!!!

