Feira Matemática

Unha actividade que commemora o Día Escolar das Matemáticas, 12 de maio.

Feira Matemática

Unha actividade que commemora o Día Escolar das Matemáticas, 12 de maio.

Feira Matemática

                                                

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA. 

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.

O propósito co que se idea este evento é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, coa vontade de:
• Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos.
• Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
• Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
• Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo. 

Para iso formulamos os seguintes obxectivos:
• Afondar no ensino – aprendizaxe das Matemáticas nas etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
• Utilizar os distintos postos da FEIRA para acadar unha intercomunicación social matemática, lúdica, práctica e agradable.
• Mostrar á sociedade aspectos relacionados coas matemáticas e recoller dela todo o seu saber popular dentro desta materia.
• Vincular o que se fai nas aulas coa realidade e viceversa.
• Animar a nenos e maiores a resolver problemas diversos.

Coa celebración da XVI Feira Matemática 2023 o 15 de abril, os nosos concursos chegaron á súa fin.

Pincha sobre cada un dos links para acceder á acta do concurso cos premiados de cada unha das categorías:

XIII Certame MatMonólogos 2024

XVI Concurso Fotografía Matemática 2024

IX Concurso Esopías 2024

Parabéns aos premiados e ás premiadas e moitas grazas a todos pola vosa participación. Vémonos na seguinte edición da Feira Matemática, no 2024 e preparádevos para os concursos matemáticos de AGAPEMA

 

 

 
 
 
 
 

XVII Feira Matemática

O mail de Contacto da Feira é:
feiramatematica@agapema.org

Últimas actualizacions Edición 2024

Conforme avancemos no tempo, iremos actualizando a información que vos poida ser de utilidade.

RESUMO DE INFORMACIÓN ÚLTIMA EDICIÓN:

  • Edición: XVII Feira Matemática
  • Lema: “Matemáticas e agricultura”
  • Data:  6 de abril de 2024
  • Horario: De 11:00h a 20:00h
  • Lugar: “Hall de Proa” Palexco, A CORUÑA
  • Alumnado: Todas as etapas
  • Participación: Grupo
  • Prazo: Ata o 23 de marzo de 2024 (ou ata completar aforo)
  • Inscrición: Finalizado o prazo de inscrición.

CONCURSOS CONVOCADOS:

Comisión organizadora
  • Alberto Fortes Novoa (IES Garcia Barbón, Verín)
  • Carmen Peñamaría Ramón (profesora xubilada)
  • César Docanto Vázquez (IES David Buján, Cambre)
  • Elena Segade Pampín (IES A Sardiñeira, A Coruña)
  • Enrique de la Torre Fernández (Fac. Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
  • Francisco Álvarez Fontenla (profesor xubilado)
  • Francisco Vila Baleato (IES Rego de Trabe, Culleredo)
  • Isabel Miguélez Pose (profesora xubilada)
  • Mª Alicia Vázquez Veiga (profesora xubilada)
  • Mª Cristina Naya Riveiro (Fac. Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
  • Mª Pilar Orizales Teijeiro (IES Monte das Moas, A Coruña)
  • Óscar Dominguez Perez (CFR de A Coruña)
  • Raquel Seisdedos Hermo (IES Eduardo Blanco Amor, Culleredo)
  • Sandra Sambade Nieto (IES Miraflores, Oleiros)
  • Santiago López Arca (profesor xubilado)

Novas recentes

Colaboradores

Scroll ao inicio