Matemáticas na Rúa

Matemáticas na Rúa é unha actividade na que as matemáticas saen á rúa e achéganse ao público xeral

Matemáticas na Rúa

Matemáticas na Rúa é unha actividade na que as matemáticas saen á rúa e achéganse ao público xeral

Matemáticas na Rúa

Matemáticas na Rúa, é unha actividade na que profesoras, profesores e amantes das matemáticas sácanas fóra do contexto académico para levalas á rúa e achegalas ao público xeral, facéndoas atractivas e accesibles á cidadanía. Apóstase por un enfoque lúdico e festivo das matemáticas xerando un clima de lecer ao redor das mesmas que permite romper cos mitos que as rodean. Ademais, fomenta a colaboración interxeracional e de distintos niveis de formación.

PROHIBIDO NON TOCAR. MANIPULACIÓN ACTIVA COMO PREMISA FUNDAMENTAL

1. Xerar un ambiente festivo e atractivo ao redor das Matemáticas

2. Impulsar a alfabetización matemática

3. Estimular a creatividade e a innovación

4. Fomentar a participación activa

5. Promover a colaboración interxeracional

6. Desmitificar as Matemáticas

Matemáticas na Rúa

O correo de Matemáticas na Rúa é:
presidente@agapema.org

 
 
 
 
 
 

Últimas actualizacións edición 2026

Conforme avancemos no tempo, iremos actualizando a información que vos poida ser de utilidade.

RESUMO DE INFORMACIÓN PRÓXIMA EDICIÓN:

  • Edición: Matemáticas na Rúa 2026
  • Data: 15 de marzo de 2026
  • Horario: de 11:00 a 14:00
  • Lugar: Praza Maior (Lugo)
Comisión organizadora
  • Xunta directiva AGAPEMA

Novas recentes

2026Actividades

Matemáticas na Rúa 2026

O vindeiro 15 de marzo de 2026, na Praza Maior de Lugo, as matemáticas sairán á rúa. Dende AGAPEMA poñemos en marcha unha nova edición ...

LER MÁIS »

Colaboradores

Scroll ao inicio