Nome do autor:Agapema Master

XIX Feira Matemática

O lema deste ano para a nosa Feira Matemática é “Pensamento computacional e intelixencia artificial”, o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material. Nesta ligazón podedes descargar o material elaborado por Luis Miguel Iglesias Albarrán, pertencente á sociedade andaluza Thales. A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, […]

XIX Feira Matemática Ler máis »

Olimpíada Matemática 2026

Temos xa enriba a Olimpíada Matemática de segundo da ESO do ano 2026, onde seguiremos as dinámicas establecidas nos últimos anos animándovos a que participedes e envolvades ao voso alumnado. Trátase dunha actividade enfocada á creatividade, reflexión e aplicación á resolución de problemas dos instrumentos matemáticos que aprendemos a utilizar no noso día a día.

Olimpíada Matemática 2026 Ler máis »

XXII Jornadas para el Aprendizaje y Enseñanza de las Matemáticas (XXII JAEM)

A Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) vén de convocar as XXII Jornadas para el Aprendizaje y Enseñanza de las Matemáticas (XXII JAEM) que terán lugar na cidade de Jaén do 1 ao 4 de xullo de 2026.  Xa está aberto o prazo de inscrición. Podes consultar toda a información na páxina

XXII Jornadas para el Aprendizaje y Enseñanza de las Matemáticas (XXII JAEM) Ler máis »

XXV Rebumbio Matemático

Un curso máis AGAPEMA convoca o Rebumbio Matemático, que chegará este ano á súa edición número 25. Comeza xa o prazo de inscrición, que estará aberto ata o día 1 de marzo de 2026. Podedes consultar prazos e toda a información relativa a esta convocatoria na páxina: https://agapema.org/actividades/rebumbio-matematico/. Agardamos contar coa vosa participación. Anima ao

XXV Rebumbio Matemático Ler máis »

Información aloxamentos X Congreso AGAPEMA

Se tedes necesidade de reservar hotel para a vosa estancia en Lugo durante o congreso, informámosvos de que, tras contactar con varios hoteis próximos ao lugar de celebración, só un ten reservadas algunhas habitacións a prezo especial para congresistas. Trátase do Prezo por habitación individual: 92€ con almorzo incluído Prezo por habitación doble: 107€ con

Información aloxamentos X Congreso AGAPEMA Ler máis »

X CONGRESO AGAPEMA

Esta é a última fin de semana para presentar traballos para o congreso (fin de prazo o 21 de setembro). Se aínda non estas inscrito, recorda que o prazo de inscrición remata o 10 de outubro. Agardámoste para celebrar o vixésimoquinto aniversario da asociación.

X CONGRESO AGAPEMA Ler máis »

Estreamos moodle.

AGAPEMA estrea aula Moodle da man do último Día GeoGebra de Galicia. A páxina que levaba un tempo en construción está xa activa e na lapela de Formación podes atopar xa activa a aula virtual Moodle de AGAPEMA. Nela atoparás o noso primeiro curso, fornecido polas achegas dos relatores do IV Día GeoGebra de Galicia

Estreamos moodle. Ler máis »

Scroll ao inicio